AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Crónica da POXA de XOVENCAS de Castro Riberas de Lea

04 / Noviembre / 2006

Última poxa désta tempada, celebrada no Mercado Gandeiro de Castro Riberas do Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo, co seguinte balance:

Animais ofertados:               11

Animais vendidos:                11

Volume total de vendas:      21.050€

Prezo medio de salida:         1.409€

Prezo medio de venta:         1.914€

A falta de oferta motivou uns prezos por riba da media nestas poxas, dado que a media acadada ata agora estaba en 1.680€.

O animal que acadou o prezo máis alto foi Marey Jumping Bety unha filla de ALH Jumping de 24 meses de idade, preñada de 8,5 meses con September, cunha nai filla de Constelation, cualificada BB81, con avoa MB, da gandería Marey, de Suegos, Pol, pola que se chegou a pagar 2.250€.

A salientar a boa acollida déste tipo de eventos, que teñen como fin potenciar a venda de animais criados en explotacións de Control Leiteiro da provincia de Lugo. As condicións sanitarias dos animais que se ofertan son un valor engadido, ao estar analizadas de BVD, Neosporose e Paratuberculose e vacinadas fronte a IBR.

Os compradores teñen todo tipo de facilidades, xa que a propia organización corre co gasto de transporte dos animales. Así mesmo, os vendedores so teñen que ofertar os animais que cumpren os requisitos marcados pola organización, sendo esta quen corre cos gastos das analíticas, o transporte, o pelado e a preparación dos animais.

As entidades implicadas na organización e patrocinio da poxa foron Africor-Lugo, o Concello de Castro de Rei e a Consellería de Medio Rural, coa colaboración de Xenética Fontao e a Granxa Gayoso Castro.

O perfil do animal ofertado nesta poxa foi unha xovenca próxima ao parto, preñada de 8,3 meses, de 27,2 meses de idade, cunha nai cunha produción media de 9.457 quilos de leite e unha cualificación morfolóxica de 80 puntos.

 
Nesta ocasión contouse coa presencia do Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, D. Antonio Oca, que estivo acompañado do Delegado provincial da Consellería do Medio Rural en Lugo, D. Emilio López, así como polo alcalde do concello de Castro de Rei, D. Arturo Pereiro e o presidente de Africor-Lugo, D. José Manuel López.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético