01 / Febrero / 2012
Dentro da Xornada Técnica que terá lugar o día 10 de febreiro no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, organizada por Africor Lugo e Afriga, terá lugar unha Mesa redonda, moderada pólo xornalista de
Neste colóquio intervirán gandeiros de España e Portugal:
Félix Roncero Garrote. Zamora. Grupo Gaza
En Gaza, Ganaderos de Zamora, dedícanse á produción e comercialización de leite e produtos lácteos dende vai 40 anos. Un dos seus lemas é que nunca deixan a produción en mans alleas; o leite que comercializan procede das súas propias ganderías.
Ismael Herruzo Alamo. Córdoba. Covap
A Cooperativa do Valle de los Pedroches, Córdoba ten como obxectivo a creación de valor nos produtos que os socios entregan, facilitando que produzan eficientemente recollendo, industrializando e comercializandos o leite producido. A planta de leite de COVAP conta cunha capacidade de produción de 200 millóns de litros /ano. Os 380 socios teñen as súas explotacións nun radio duns vinte quilómetros aredor da fábrica.
Carlos Neves. Vila do Conde. Associaçao dos Produtores de Leite de Portugal.
Aprolep é unha asociación de ambito nacional, con sede en Leiria, que reúne a produtores de leite de todo o país. Este grupo, nacido na crise e madurado en accións de loita e defensa dos produtores, traballa de forma organizada pola valorización do seu traballo, a fin de obter un prezo xusto para o leite.
Oliver Menéndez Gutiérrez. Gandería Casa Pacho. Asturias. CLAS
Este gandeiro é socio de Central Lechera Asturiana, sendo a empresa que marca unha diferencia a nível estatal no que a pago aos produtores se refire. Clas conta con sete centros de produción en España.
A Mesa redonda está patrocinada por PFIZER Salud Animal