AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Comercialización de leite crú

14 / Octubre / 2011

Coa publicación deste Real Decreto ábrese a posibilidade de comercializar o leite con destino a produción de queixos de maduración superior a dous meses a aquelas explotacións ás que se lles suspenda a recollida de leite por imcumprir a normativa de calidade respecto á bacterioloxía e o reconto de células somáticas.

Modificación do Real Decreto 640/2006, de 26 de maio, polo que se regulan determinadas condicións de aplicación das disposicións comunitarias en materia de hixiene, da produción e comercialización dos produtos alimenticios.

 Apartado 2 do artigo 5:

«Cando os controis previstos no capítulo II, do anexo IV do Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, na granxa de orixe demostren que o leite crú supera os parámetros establecidos na sección IX, do anexo III do Regulamento (CE) n.º 853/2004, no que se refire ás colonias de xérmenes e ao contido de células somáticas, a autoridade competente enviará unha notificación ao produtor comunicándolle que dispón dun prazo de tres meses para correxir a situación.

Pasados os tres meses, aqueles produtores que sigan superando ditos parámetros deberán suspender a entrega de leite crú, ou, de acordo cunha autorización da autoridade competente, entregar este leite, informando desta situación, a establecementos que garanten os requisitos de tratamento e utilización que se indican a continuación:

a) A elaboración de queixos cun ciclo de maduración de 60 días como mínimo e produtos lácteos obtidos na fabricación de ditos queixos, coa condición de que os responsables dos establecementos que elaboren estos queixos realicen un control de almacén de forma que se coñeza e rexistre o tempo de permanencia de cada lote de produtos para garantir unha estancia mínima de 60 días; ou

b) a elaboración de produtos lácteos ou produtos a base de costro a partir dese leite ou costro, unha vez foran sometidos aos requisitos de tratamento térmico establecidos no capítulo II da sección IX do anexo III do Reglamento (CE) n.º 853/2004.

Se manterá a suspensión ou  os requisitos ata que o produtor da granxa de orixe demostre que o leite crú volve a ser conforme con ditos criterios.»

 

Real Decreto 1338

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético