AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Comarcas galegas con maior media de produción

26 / Mayo / 2008

A Mariña Oriental de Lugo, está formada polos concellos de Barreiros, Trabada, Ribadeo e A Pontenova.

Segundo os datos publicados polo Servizo de Producións Gandeiras da Consellería do Medio Rural, A Mariña Oriental de Lugo, é a comarca galega coa maior produción de leite por vaca de Galicia. Os datos de Control leiteiro otórganlle unha media de produción a esta comarca de 9.563 quilos por vaca, en lactación normalizada a 305 días.

As comarcas que seguen en media de produción, superando os 9.000 quilos, son todas da provincia de A Coruña:

COMARCA PROV Lactacións Quilos Gr.% Pt.%
A MARIÑA ORIENTAL Lugo 4.871 9.563 3,84 3,08
O SAR A Coruña 853 9.547 3,65 3,14
FISTERRA A Coruña 1.927 9.427 3,78 3,21
NOIA A Coruña 404 9.314 3,75 3,17
A CORUÑA A Coruña 368 9.279 3,74 3,15
BARCALA A Coruña 2.347 9.233 3,94 3,18
TERRA DE SONEIRA A Coruña 1.829 9.172 3,82 3,20
XALLAS A Coruña 5.893 9.167 3,90 3,17
ORTEGAL A Coruña 348 9.064 3,57 3,13

En donde se produce o leite en Galicia:

Tendo en conta a media de produción e o número de vacas por comarca, as comarcas de Galicia coa maior produción de leite, sempre referíndose a datos de Control leiteiro, serían, nesta orde:

Terra Chá, de Lugo, co 16,9% do leite producido en Galicia

Deza, de Pontevedra, co 10,8%

Lugo, de Lugo, co 9,8%

Ordes, de A Coruña, co 6,9%

Sarria, de Lugo, co 6,5%

Chantada, de Lugo, co 5,6%

Xallas, de A Coruña, co 4,9%

A Mariña Oriental, de Lugo, co 4,2%

O resto das comarcas producirían menos do 4% do total de Galicia.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético