AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Charla técnica

Charla técnica

13 / Junio / 2025

O 27 de xuño, logo da Asemblea Xeral de Africor Lugo, terá lugar unha charla técnica a cargo de Oriol Franquesa. O veterinario ofrecerá unha ponencia titulada “Equipos humanos na sala de muxido. Formación e motivación”.

O encontro organizado en colaboración coa revista Vaca Pinta e patrocinado por Boehringer Ingelheim e Caixa Rural Galega, terá lugar ás 12:30 h no Hotel Mercure, situado na cidade de Lugo.

Franquesa é licenciado en Veterinaria no ano 1999 pola Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona e cursou tamén na mesma universidade o Máster en Asesoramento e Xestión de Explotacións de Vacún de Leite nos anos 2003-2004.

No 2005 fundou, xunto co Dr. Demetrio Herrera, QLlet SLP, un grupo veterinario centrado no asesoramento en calidade de leite (rutinas de muxido, mostraxe de leite, estratexias para mellorar os resultados en calidade…), a formación de muxidores, o asesoramento no deseño de instalacións e cow comfort, a verificación de máquinas de muxido, a seguridade alimentaria, a formación para veterinarios en calidade de leite e o control leiteiro en Cataluña.

Ao longo dos seus 15 anos de traxectoria, QLlet prestou servizos de calidade de leite e de formación de veterinarios na maioría dos países de Europa e tamén en Rusia, Brasil, Sudáfrica, China, Xapón e Canadá.

Asistencia é libre e gratuita se ben é preciso confirmar asistencia antes do 24 de xuño.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético