CURSO DE MORFOLOXÍA DE GANDO FRISÓN
07 / Octubre / 2008
O sábado día 4 tivo lugar esta nova actividade formativa organizada por Africor Lugo, dentro dos actos da Feira EXPOLUGO 2008.
O obxectivo do curso foi impartir unha formación sobre morfoloxía de gando frisón, como ferramenta de traballo imprescindible para o gandeiro, á hora de seleccionar os seus animais con vistas á reposición. O coñecemento de cales deben ser as características morfolóxicas ideais das vacas axudaralle a seleccionar mellor os animais e facer máis rendible a súa explotación.
O curso estivo organizado en 5 seccións, 4 de vacas e unha de xatas onde os participantes establecian a súa orde de colocación dacordo co prototipo racial dos animais, e a continuación o xuíz, daba a colocación definitiva e explicaba porque esa era a colocación correcta, facéndolle ver ao alumno o porque desta decisión, axustando desta maneira o criterio a seguir na selección dos animais.
O xuíz encargado de impartir o curso foi D. Javier Álvarez Lastra, Xuíz Nacional de Conafe.
O curso contou cunha boa acollida, cubrindose as 50 prazas ofertadas, os asistentes eran técnicos do sector ou gandeiros, que estaban interesados en mellorar os seus coñecementos referentes a morfoloxía da vaca frisona.
Tamén temos que dar as grazas as ganderías propietarias dos animais, xa que desta forma fixeron posible a celebración dun curso totalmente práctico, donde os participantes puideron traballar directamente cos animais, o que facilita moito a aprendizaxe, estas son:
Estos animais permaneceron na Feira de Expolugo ata o luns día 6, como mostra da raza frisona na provincia de Lugo.