14 / Junio / 2021
A cualificación morfolóxica é unha gran ferramenta para a mellora e selección dos rabaños, pois mediante a mesma podemos coñecer as debilidades e fortalezas fenotípicas das nosas vacas, detectanto posibles problemas ocasionados polo manexo e unha primeira orientación sobre os aspectos a mellorar nos acoplamentos, se ben para esto sempre e mellor utilizar os índices xenéticos, que ademáis de incorporar esta información tamén teñen en conta os datos dos ascendentes e descendentes así como o resto de información recollida polo Control Leiteiro.
O ideal sería que a ronda de cualificación fose cada 6-9 meses, a fin de que todas as vacas fosen cualificadas no seu primeiro parto, se ben, esto non se está a producir, polo que aqueles gandeiros interesados en cualificar os seus animais teñen que recurrir a petición de parte individual, o que ten un coste para o gandeiro, asi dende Africor Lugo vamos a intentar organizar unha petición de parte colectiva, co obxectivo de que os gandeiros interesados poidan cualificar os seus animais, cun coste inferior ao dunha petición de parte individual, dado que o cualificador pode visitar varias explotacións nun mesmo día.
Se vostede está interesado en participar nesta petición, ou desexa máis información ao respecto non dúbide en consultar ao seu controlador ou directamente en Africor Lugo.
O prazo para anotarse remata a finais de xuño.