CONTRATO DE EXPLOTACION SUSTENTABLE
27 / Enero / 2009
Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento das producións agrarias sustentables a través da implantación do contrato de explotación sustentable (CES).
A actividade agraria ten un papel esencial na sociedade, non so como suministradora de alimentos, senón tamén pola sua contribución o coidado e mantemento da diversidade paisaxistica e do patrimonio natural e cultural do territorio galego.
Esta liña de axudas engloba as seguintes medidas:
- Medidas relativas ao benestar animal:
- Sistemas de explotación de avicultura de curral de carne
- Cría e ceba de porcos ao aire libre
- Variedade autóctonas vexetais en risco de erosión xenética
- Control integrado e produción integrada
- Agricultura e gandaría ecolóxica
- Loita contra a erosión en medios fráxiles
- Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción
- Utilización racional dos recursos forraxeiros
- Apicultura para a mellora de biodiversidade en zonas fráxiles
- Mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos incluídas
Rede Natura 2000
Os solicitantes destas axudas acolleranse as medidas que desexen en función da súa orientación produtiva, situación e compromisos que desexen adquirir, todas estas liñas de axuda levan estan suxeitas a un compromiso de 5 anos dende o momento da aprobación excepto casos de forza maior.
A solicitude destas axudas realizarase coa solicitude unificada, e os solicitantes deberán solicitar anualmente o pagamento das axudas nos anos seguintes á data de aprobación da solicitude inicial de axuda.