CONCURSO REXIONAL -VACAS
22 / Noviembre / 2008
MÁIS FOTOS
AGRORTEGAL GALLETERA JUROR revalida por terceiro ano o título de Mellor Vaca de Galicia.

Esta vaca propiedade de Gandería Caxigueira, de Ortigueira, A Coruña, con dez anos de idade e sete partos, obtivo o título de mellor vaca do concurso ao igual que o fixera nos anos 2004 e 2005.

Así mesmo, a Gandería Caxigueira obtivo o título de Mellor Criador, por diante de Gandería Nodi, de Barreiros, que foi o Segundo Mellor Criador.
LOTE GANDERIA CAXIGUEIRA |
LOTE GANDERIA NODI |
A Gandería Blanco, de Lalín, colocou tres vacas como primeiras de sección, salientando unha espectacular Alizee Champion, Vaca Nova Campiona, cun ubre e unha estructura impresionante para unha primeriza. Na primeira sección de primerizas destacou Bos Blanco Shottle Agria, unha irmá completa do touro de Xenética Fontao Bos Lodos Shottle Nadal, fillos de Bos Igniter Agria.
En intermedias, Ugibsa Gibson, foi a mellor da súa sección de vacas de catro anos.
ALIZEE CHAMPION 6370
Outra adulta que tamén destacou foi Rey Borja Lheros, unha vaca de terceiro parto cualificada excelente, cun moi bo sistema mamario e estrutura, á vez que cun moi bo caracter leiteiro. Foi Vaca Adulta Subcampiona.
REY 365 BORJA LHEROS
Gandería Pozo, de Lugo, colocou dúas vacas como as mellores intermedias de tres anos, salientando a Pozo Allen Mimosa, que ao contrario que no Concurso de Chantada, quedou por diante da Gibson de Blanco, acadando o título de Vaca Intermedia Campiona. Así mesmo foi designada como Mención de Honra.
POZO ALLEN MIMOSA
POZO GOLDWYN SARA