AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

CONCURSO NACIONAL ITALIA

27 / Octubre / 2014

O 25 de outubro de 2014 tivo lugar na cidade de Cremona, Italia o Concurso Nacional da Raza Frisoa, en Italia no concurso nacional so poden participar ganderías do país, se ben si poden participar animais nados noutros países propiedade de ganderías italianas.
 
POZOSAA GOLDWYN SONIA
 
A vaca POZOSAA GOLDWYN 9545 SONIA nada e criada en Casa Pozo de Lugo acadou o título de Vaca Gran Campiona Reserva do certame, esta vaca xa acadará o título de Vaca Gran Campiona na MOEXMU de 2013, concurso xulgado por D. Giuseppe Beltramino, que quedou tan marabillado con este animal que acabou mercando e levando para a súa granxa en Italia.
 
NACIONAL CREMONA
 
Agora só un ano despois, esta vaca resultou Campiona Reserva no concurso máis importante de Italia, sen dúbida tanto o seu propietario como o criador, Casa Pozo,  deben estar moi orgullosos do traballo realizado.
 
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético