AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA 2005

20 / Abril / 2005

 A oitava edición deste concurso celebrouse en Torrelavega os días 19 e 20 de Marzo, este concurso estivo marcado pola gran participación e a calidade dos animais presentados.

 A representación de Galicia estivo a cargo da nosa provincia, xa que Africor Lugo asistiu con un lote de 11 animais propiedade de 7 gandeiros da nosa provincia que desexaban poder mostrar a calidade dos animais que posúen.

 Este grupo, aínda que non moi numeroso, foi obxectivo de moitas miradas dende a chegada o concurso, xa que destacaba a uniformidade e calidade de todos os animais que formaron parte da expedición, así dos 10 animais que saíron a pista 8 quedaron colocados entre os cinco primeiros das súas seccións.

 Ademais debemos destacar a actuación de Bos Nodi Merchant Dana ET, unha becerra  propiedade de Gandería Nodi, que logo de quedar primeira na sección de becerras entre 8 e 10 meses, alzouse co titulo de Ternera Campeona.

 No apartado de vacas temos que destacar a dúas vacas moi coñecidas na nosa provincia, Rey 289 Maceira Rudolph  e Seixo Wade Rita, propiedade de SAT Rey de Miñotelo e Casa Pozo, respectivamente, e que se alzaron cos subcampionatos nas seccións de Vaca Intermedia Capeona  e Vaca Adulta Campeona.

 

Sección: 1 - Terneras de 8 a 10 meses
1o premio: Bos Nodi Merchant DANA ET Gandería Nodi (Barreiros - Lugo)
Sección: 4 - Novillas de 17 a 19 meses
2o premio: Rey 368 RIQUIÑA Lheros S.A.T. Rey de Miñotelo (A Pastoriza - Lugo)
5o premio: ROSI Carlos Iglesias Carreira (Trabada - Lugo)
Sección: 7 - Ternera Campeona
Bos Nodi Merchant DANA ET Gandería Nodi (Barreiros - Lugo)
Sección: 11 - Vaca Joven Lactación de 31 a 35 m.
2opremio:Fontegrande Mtoto 2711 Maura             Mantoño Holstein (Barreiros - Lugo)
Sección: 12 - Vaca Intermedia Lactación de 36 a 41 m.
3o premio: Caseiro Dante 26 SABELA Caseiro de Ernes SAT 1086 XUGA (Cospeito - Lugo)
Sección: 14 - Vaca Intermedia Lactación de 4 años.
2o premio: Rey 289 MACEIRA Rudolph S.A.T. Rey de Miñotelo (A Pastoriza - Lugo)
3o premio: SALOMÉ Carlos Iglesias Carreira (Trabada - Lugo)
Sección: 15 - Vaca Adulta Lactación de 5 años
2o premio: Seixo Wade RITA Casa Pozo (Saa - Lugo)
Sección: 18 - Vaca Intermedia Campeona
Vaca Intermedia Subcampeona:
Rey 289 MACEIRA Rudolph S.A.T. Rey de Miñotelo (A Pastoriza - Lugo)
Sección: 19 - Vaca Adulta Campeona
Vaca Adulta Subcampeona::
Seixo Wade RITA Casa Pozo (Saa - Lugo)
Sección: 21 - Mejor Autonomía
Segunda autonomía::
GALICIA

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético