30 / Septiembre / 2025
Un ano máis tivo lugar en Xixón o Concurso Nacional da Raza Frisoa e da Raza Parda, e unha vez máis Lugo tivo moito protagonismo en ambos certames, comenzando o venres cando tivo lugar o Concurso Nacional da Raza Parda onde participou a gandería Neifra de Mondoñedo con tres animais, acadando o título de Ternera Subcampeona Nacional con NEIFRA BS CAVRAL 4131 PAOLA, unha xata de apenas un ano de idade que encadilou ao xuiz do concurso, o italiano Daniele Galbardi.
O sábado chegou a hora das frisoas onde participaron as seguintes ganderías: A Vereda de Castro de Rei, A Lagoa Serabel de Xermade, Cid de Barreiros e Rei de Miñotelo da Pastoriza, o xulgamento estivo a cargo de Santiago García Souto, axudado en pista por Francisco Javier Freije Freije.
Pola maña tiveron lugar seccións de xatas e xovencas, onde unha vez máis a gandería Rei de Miñotelo volveu ser a gran triunfadora, pois acadou os títulos de Gran Campiona con REY 1346 DANI NEGARIEL, Reserva Gran Campiona con REY 1370 ZULU ZYPI, Reserva Gran Campiona Roxa con REY AMG GDG TURBO S RED e Mellor Criador de Xatas e Xovencas, sen dúbida as mellores xatas de España están na Pastoriza.
Pola tarde chegou o turno das vacas en lactación, onde os presentes puideron contemplar un bonito certame, tanto pola cantidade de animais como pola calidade dos mesmos.
Tamén aquí destacou Lugo, pois a Gran Campiona Nacional Roxa vive na gandería Cid de Barreiros, FERREIRO ROCIO JORDY RED ROJA, a Vaca Adulta Subcampiona na gandería Rei de Miñotelo, PONDEROSA RIDGELINE LORENA, ademáis o resto de participantes tamén quedaron ben situadas destacando o segundo posto na sección de vacas de 5 anos de Vilarmor Cayenne Nanci da gandería A Lagoa Serabel de Xermade.