24 / Noviembre / 2008
As actividades do domingo comenzaron cunha demostración de pelado organizada polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, onde os asistentes puideron observar as habilidades destes xóvenes gandeiros na preparación dos animais, xa que entre os encargados de realizar esta demostración estaba Bonet Cid, que o venres resultou gañador no I Concurso de Pelado - Semana Verde.
Durante esta demostración realizaron a preparación dunha xata por un costado, deixando o outro sen pelar, de forma que os asistentes puideron observar como cambia a imaxe do animal unha vez preparado, logo na pista explicaron os asistentes o traballo feito e as características que debemos intentar resaltar a hora de preparar un animal.