CONCÉDESE UN PREMIO INTERNACIONAL A UNHA GANDERÍA DE LUGO
02 / Octubre / 2008
Dentro dos actos da Feira Internancional de Vacún de Leite que terá lugar os días 23 a 26 de outubro de 2008 en Cremona (Italia), celébrase a entrega do Premio Balestreri que cada ano distingue a un xoven europeo pola sua labor como criador.
Este ano o galardón foi para Marta López López, unha rapaza da Veiga (Sarria).
Marta naceu na Veiga, Sarria, filla de pais gandeiros. Estudou na Escola de Capacitación Agraria de Monforte, completando a súa formación como Técnico especialista en agricultura e zootencia en Ponteareas (Pontevedra).
No ano 2003, xunto con outros dous veciños, constitúen SAT A Veiga, da que Marta é socia.
Na actualidade, SAT A Veiga dispón dunha cota de 1.170.000 Kg de leite, con 120 vacas, contando ademáis cos últimos avances tecnolóxicos para a xestión da súa gandería, cunha sala rotativa de 24 puntos.
A superficia agraria da SAT é de 66 ha. das que 45 ha. están dedicadas o cultivo do millo e o resto a pradeira.
Dende Africor Lugo queremos felicitar a Marta por este premio, que é un recoñecemento ao traballo que ela e máis os seus socios están a desenvolver na SAT A Veiga.
Estas iniciativas e a súa difusión, para coñecemento doutros rapaces e rapazas, animan e dan exemplo á mocidade, presentando a gandería de vacún de leite como una saída profesional.