03 / Marzo / 2011
Esta charla tivo lugar no Pazo de Feiras de Lugo o día 3 de marzo de 2010, contando como relator a D. Juan Quezada, director de seguridade de MILKSOURCE, unha compañia que produce 600.000 litros de leite ao día.

Os asistentes tiveron ocasión de escoitar de primeira man como é a organización déstas macroexplotacións, como se reparte o traballo e como se coidan as vacas. Juan Quezada ten máis de 30 anos de experiencia e traballou en todos os postos destas explotacións; agora o seu traballo consiste en ensinar ós novos traballadores como se realizan éstes traballos, así como unha filosofía de mellora continua, a vez que se encarga dos temas relacionados coa seguridade no traballo.


