15 / Noviembre / 2005
AFRICOR-LUGO, dentro das súas actividades de formación e divulgación de temas de interés gandeiro, organizou unha charla para os seus asociados sobre
A continuación plantexou os obxectivos que dende a Administración se marcan para os vindeiros anos:
Salientou que para acadar todo isto eé preciso incrementar a renda das explotacións, partindo de que os beneficios da explotación veñen dados pola marxe neta por litro, e dicir a diferenza entre os custos de produción e o prezo de venta do litro de leite, multiplicado pola cantidade. Dado que estamos nun sistema de cuotas a cantidade é pouco variable, o prezo de venda tampouco e unha variable que poida modificar o produtor, polo que a vía que queda é a de intentar reducir os custos de producción. Para acadar este obxectivo é imprescindible mellorar o aproveitamento das terras, cunha maior producción de forraxes na explotación para poder reducir os custos en alimentación do gando. Asemade debemos buscar a optimización de todos os procesos da explotación por medio dunha toma de decisións consciente e consensuada entre os integrantes da explotación e os técnicos que a asesoran.
Por outra banda, tamén comentou a necesidade de revalorizar o leite, xa que se trata dun producto moi pouco diferenciado, en especial o leite líquido, ao que se adica a a maioría da producción en España. En moitos casos e empregado polas empresas de distribución como un reclamo, vendendoo a un prezo inferior ao custo de produción, para así atraer a os clientes, polo tanto parece necesario conseguir unha diferenciación do producto que permita vender o noso leite a un prezo superior ao leite doutras procedencias. A Consellería do Medio Rural está a traballar para conseguir algún indicativo de calidade que facilite esta diferenciación do producto.
As principais liñas de actuación que se marca a Consellería son:
Dimensionamento das explotacións
Creación dun banco de terras
Dificultar o uso improductivo (pola vía da fiscalidade)
Estímulo a producións sostibles e respectuosas co medio ambiente
Produción integrada, ecolóxica e artesanal
Diversificación que contribúia á viabilidade con criterios productivos agrícolas e gandeiros.