20 / Enero / 2006
Tras a charla celebrada no Salón de Actos da Casa da Cultura de Palas de Rei, impartida polo veterinario D. Ernesto Reyes Montoya, membro do IFCN, sobre xestión de explotacións, os socios asistentes salientaron a boa acollida deste tipo de actividades, que permiten orientar a os gandeiros sobre as perpectivas do sector de produción de leite
Na sua presentación fixo un recorrido pola situación da produción de leite a nivel mundial, e como determinados países apuntan a ser os líderes na produción de leite nos vindeiros anos.
Tamén amosou a estructura de custos de produción de leite nos distintos países, no que Galicia sae ben parada na análise comparativa, cuns custos de alimentación baixos con respecto a outros sistemas e rexións.
Con frases como " para ser eficientes e competitivos no futuro debemos primeiro aprender a cultivar a terra e despois a producir leite " veu a dicir que é fundamental sacarlle o máximo partido á terra disponible para obter forraxes de calidade para chegar a ser uns productores de leite competitivos. |
|
Amodo de conclusións, salientar:
Con as novas condicións de prezos e políticas do sector leiteiro, será necesario ter un tamaño adecuado para vivir da actividade e manterse nela.
É posible un crecemento moderado, realizando as inversións necesarias e utilizando condicións de financiación.
A prima láctea, no posible, permitirá certo nivel de endebedamento
Todo o anterior é posible, se se introducen esquemas básicos de xestión empresarial e utilizamos a asesoría técnica.