AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

CHANTADA 2011

11 / Febrero / 2011

Os días 12 e 13 de marzo de 2011 terá lugar a XX edición do Concurso de Gando Frisón Chantada 2011, nesta ocasión coincide coa Feira do Viño e a de Maquinaria Agricola, acadando así unha oferta completa os visitantes que poderán coñecer de preto os dous sectores máis importantes da comarca, a produción de leite e o cultivo do viño.

 XX CONCURSO GANDO FRISON CHANTADA 2011
 
 
PROGRAMA

 Día 11 de marzo, venres

           De 9 a 15 horas, entrada do gando no recinto feiral.

 Día 12 de marzo, sábado

          11,30 h.: Inicio do Concurso, Seccións de Xatas e Xovencas

          14,00 h.: Descanso

          16,00 h.: Continuación do Concurso, Seccións de Vacas de Leite e Campeonatos

          19,00 h.: Concurso de Novos Manexadores

                            Sección 1: maiores de 21 anos 

                            Sección 2: De 16 a 21 anos

                            Sección 3: De 10 a 15 anos

                            Sección 4: Ata 9 anos

 Día 13 de marzo, domingo                                 

        12,00 h.: Entrega de premios        

        13,00 h.: Poxa de gando frisón       

Trátase dunha poxa de xovencas próximas ao parto e vacas recén paridas, cuias nais promedian unha cualificación de 81,5 puntos e unha produción en 305 días de 10.800 Kg de leite, moi superior a media, o que nos indica que estamos a falar dun grupo de animais moi selectos, se olvidar as condicións sanitarias que posúen todos os animais ofertados nas poxas de Africor Lugo.

Destacar ademáis que por primeira vez os compradores terán ocasión de mercar unha frisoa de capa branca e roxa, ademáis non se trata dun animal calquera, senón unha xovenca con 7 xeracións MB ou EX consecutivas, procedente dunha familia de vacas do Canadá.

 

Seccións do concurso

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético