AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

BONIFICACIÓN DE CUSTOS FINANCEIROS AS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

01 / Junio / 2009

 Orde do 29 de maio de 2009 pola que se regulan e se convocan as axudas á bonificación de custos financeiros de préstamos formalizados para a disposición dos importes dos pagamentos de axudas ás explotacións leiteiras galegas.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas de minimis, en rexime de concorrrencia competitiva, destinadas a bonificar os xuros dos préstamos que subscriban os titulares de explotacións gandeiras que teñan asignada cuota a 31 de marzo de 2009.
 
Para poder ser beneficiario desta axudas ademáis da cuota e necesario que solicitasen a axuda do réxime da pagamento único e pagamento adicional no sector lácteo para o ano 2009.
 
Nos vindeiros 15 días a Consellería do Medio Rural, a través do Fogga remitirá de oficio aos interesados/beneficiarios de acordo coa Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009, un documento que acredita que cumpre os requisitos para solicitar esta axuda así como o importe máximo do préstamo, que nunca poderá supera o 90% da axuda solicitada.
 
O prazo para presentar estas solicitudes remata o 31 de xullo de 2009
 
 
IMPORTANTE:
Ao ser unha axuda de minimis, en réxime de concurrencia competitiva, a contía non poderá exceder de 7.500 € durante un período de 3 anos, incluíndo o total de axudas de minimis percibidas polo beneficiario nese mesmo período.

A Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galiza, tamén está incluida no réxime de minimis, polo que deberá telo en conta á hora de formalizar a solicitude de axudas.

Nova na TVG

 ORDE

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético