AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Axudas á promoción da recría do gando vacún

10 / Marzo / 2009

Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galiza e se convocan axudas para o ano 2009.

Poderán ser beneficiarios destas axudas calquera persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira de vacún e localizada en Galicia, con efectivos de raza frisona e que fagan recría delas en pureza.

Subvencionarase a actividade de recría de femias de raza frisona, dos animais nados no ano 2007 (animais de 20 a 32 meses de idade a 1 de setembro de 2009), realizada na propia explotación ou en centros especializados de recría ubicados en Galicia. Os animais a subvencionar deberán ter permanecido na explotación un mínimo de 18 meses, agás dos enviados a Centros de Recría.

A data de referencia para os cálculos será o día 1 de setembro de 2009, tanto o de reprodutoras (animais maiores de 24 meses) como o da porcentaxe de recría.

A contía calcularase do seguinte xeit

*       A contía base da axuda será de 160 € por cada un dos animais recriados obxecto da axuda.

*       O número de animais que serán tidos en conta para o cálculo do importe da axuda obterase despois de restar ao número de animais que cumpran as condicións sinaladas no artigo 6º o número equivalente á parte enteira do 12% calculado sobre a totalidade das reprodutoras do beneficiario.

*       Naqueles animais que teñan permanecido nun centro colectivo de recría de Galiza un tempo mínimo de 12 meses aumentarase a contía base en 40 €.

*       Se o 50% ou mais das xovencas con dereito a axuda son fillas de sementais utilizados dentro dun programa de mellora da raza, desenvolvido pola entidade xestora do libro xenealóxico oficialmente aprobado, a contía base da axuda poderá incrementarse en 30 €.

*       Se o beneficiario está inscrito como produtor de leite ou de carne ecolóxico no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, a contía base poderase incrementar en 80 €.

As contías anteriores teñen efecto sumatorio. En todo caso, a contía final da axuda por cada un dos animais non superará os 250 €.

Limitacións da axuda

A contía máxima da axuda por beneficiario nesta convocatoria anual queda limitada a 3.250 €.

Establécense como límites xerais desta axuda os fixados pola normativa reguladora de axudas de minimis (7.500 € por titular beneficiario nun período de 3 anos para todas as axudas de minimis por calquera concepto).

O prazo de presentación de solicitudes será o 11 de maio de 2009

 

As solicitudes serán valoradas e comparadas co fin de establecer unha  relación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración e ponderación:

a) Por posuír a condición de agricultor nov 20 puntos.

b) No caso de personalidades xurídicas, se o 50 % ou máis dos seus socios posúen a condición de agricultor nov 20 puntos.

c) Por estar inscrito o beneficiario como produtor de leite ou carne ecolóxica no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia: 10 puntos.

d) Por ser unha explotación asociativa: 5 puntos.

e) Para titulares que envíen cando menos o 60% dos seus animais de recría a un centro colectivo de recría de Galicia durante un tempo mínimo de 12 meses: 2 puntos.

f) Por pertencer a unha ADSG: 2 puntos.

g) Por ser titular muller ou, no caso de personalidades xurídicas, se o 50% ou máis dos socios son mulleres: 0,5 puntos.

A igualdade de puntos establecerase a prelación por orde de menor a maior censo de femias maiores de 24 meses cumpridos dos solicitantes.

 ORDE

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético