AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Axuda Complementaria

20 / Octubre / 2015

Os gandeiros que estén incluidos na lista que publica o MAGRAMA teñen de prazo ata o día 30 de outubro para tramitar a solicitude.

Esta faise a través da páxina web do MAGRAMA.

O MAGRAMA xa dispón da información tanto dos prezos percibidos polo leite como dos animais subvencionables de cada gandeiro, polo que non precisan estos datos.

As axudas van dende os 85 € aos 7.765 €, para un total de 7.028 ganderías en España.

Os gandeiros de Africor Lugo beneficiados son o 41,6% do total de socios, que percibirán una media de 4.113 €. A media por beneficiario en España é de 2.846 €.

Como cubrir o formulario:

Faise en dous pasos

1º paso:

Introducir o NIF do titular da explotación.
Ter a man un pasaporte (DIB) dun animal subvencionable (calquera) que nacera despois do ano 2000 e que leve na gandería como mínimo dende o día 1 de outubro. Pediranlle o CIB do animal e o da súa nai.
Estos datos son necesarios para autenticar a identidade da persoa que está cubrindo o formulario.
 
2º paso:
Trátase dun formulario donde deberá consignar unha serie de datos.
- número de conta bancaria donde quere que se realice o ingreso.
- indicar un enderezo para notificacións.

Neste formulario ten que indicar se percibiu algunha outra axuda de minimis no ano 2015, 2014 ou 2013. Se foi así, deberá consignar o importe total de ditas axudas. Non poderá pasar da cantidade de 15.000 €, sumando as percibidas e a que lle correspondería por esta nova liña de axudas.

No seguinte enlace indícanse algunhas axudas de minimis (pode que non estén todas)

Axudas de minimis  

Para a percepción desta axuda é necesario estar ao corrente de pago coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social. Pode autorizar a realizar a comprobación deste requisito sen que teña que aportar ningún certificado. 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético