18 / Mayo / 2015
As explotacións en Control leiteiro da provincia de Lugo supoñen tan só o 30% do total de granxas que producen leite na provincia, pero producen o 71% do leite.
A media de vacas que se moxen mensualmente por explotación é de 45, unha media superior á do conxunto da provincia.
No ano 2014 a produción mensual de leite foi de 71.650 toneladas, con fortes variacións ao longo do ano, debido á desaceleración que se produciu no último semestre polo risco de sobrepasamento e pola tendencia dos prezos á baixa.
En abril de 2015, primeiro mes sen cota, se comparamos con abril do ano pasado, obsérvase un incremento na produción dun 1,7%, con 73.634 toneladas.
En canto ao censo de animais, tamén se dan incrementos respecto do ano anterior, dun 1,5%, o que supón 1.116 vacas muxidas máis que en abril do ano anterior. Isto responde ao sobredimensionamento que están a ter a maioría das ganderías, que nos primeiros meses do ano viuse freado polo baixo prezo pagado ao produtor. En 2014 muxiuse unha media de 77.000 vacas ao mes.