AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

As mellores vacas de España

08 / Julio / 2010

Tras a publicación de CONAFE das valoracións xenéticas de xullo de 2010, oito vacas nacidas na provincia de Lugo aparecen entre o grupo das cen mellores vacas de España.

Salientar a que aparece no quinto posto, TABOADA MODEST GALEA, unha vaca de 2º parto cun ICO (índice xenético) de 3.319 puntos. Este valor de ICO a sitúa por riba de Xacobeo, touro número 1 en España, cun ICO de 3.271 puntos.

Esta vaca da gandería Os Taboada, de Soengas de Arriba, Portomarín, é filla de Bos Lheros Galea. De feito é a única filla registrada desta vaca procedente da Finca de Bos.

Taboada Modest Galea está cualificada MB85 en 2º parto, cunha produción de 14.376 Kg. en primeiro parto.

A Cooperativa Chaín, de Pol, é a única gandería de Lugo que logra situar dous animais entre os cen primeiros.

Posto

NOME

GANDERÍA

CONCELLO

5

TABOADA MODEST GALEA

OS TABOADA

PORTOMARIN

14

CHACO SPIA ROUKI 1641

COOP. CHAÍN

POL

25

LODOS DUPLEX PARIS

SAT LODOS E PEREZ

A PASTORIZA

57

CHACO OLGENA PATUR 1666

COOP. CHAÍN

POL

59

GARCIA BOLTON SUELEN

S.A.T. HERBON NUÑEZ

BARALLA

70

CASEIRODERNES SHOTTLE HOPE

SAT CASEIRO DE ERNES

COSPEITO

77

JAIME LOU DORI 226

SAT EMILIO DO JAIME

COSTEITO

91

CABANA BUCKEYE 567

SAT CABANA

A PASTORIZA

 

Por outra banda, PENA MARION BLITZ, da gandería PENA, de Begonte, sitúase no 5º posto español por índice xenético de leite, namentras que en índice xenético de tipo, tamén no 5º posto, sitúase NOVO DUPLEX JENNY, da gandería NOVO CASTRO, de Cospeito.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético