28 / Diciembre / 2015
En Galicia prodúcense diariamente máis de 7 millóns de litros de leite, o equivalente a encher cada día 3 piscinas olímpicas.
Para consumir todo ese leite en Galicia, cada galego tería que tomar 2,7 litros cada día. O consumo medio está en 200 cc por persoa e día.
Para un custo de produción de 0,32€ por litro, supón un gasto de 2.300.000 €/día.
Os produtores están cobrando a 0,27€, o que se traduce nunha perda de 365.000 €/día. Nun ano as perdas ascenden a 132 millóns de euros.