AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Arrendamentos dende o Banco de Terras

Arrendamentos dende o Banco de Terras

12 / Febrero / 2026

A Consellería do Medio Rural publica hoxe unha nova orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras. Esta ferramenta facilitará os trámites de arrendamento dun 76 % dos terreos dispoñibles neste instrumento, o que contribuirá a evitar o abandono e garantir un medio rural produtivo e sustentable.

A partir de mañá poderase alugar de xeito más sinxelo as parcelas que se atopen en estado de dispoñible sen concorrencia, é dicir, daquelas que non recibiran ningunha solicitude válida ou que foran resoltas negativamente. En concreto, falamos de máis de 5.000 parcelas actualmente. A principal novidade con respecto ao procedemento existente ata o de agora é que os interesados en arrendar estes predios non terán que agardar ata os prazos de presentación habituais, que se abren dúas veces ao ano durante dúas semanas, os primeiros días hábiles dos meses de maio e novembro.

Nestas datas sométense a concorrencia as parcelas incorporadas ao Banco e as que finalizan os contratos de arrendamento previamente ao inicio do período. Cabe sinalar que estes prazos seguirán vixentes para todos os novos terreos que se incorporen e que teñen que pasar obrigatoriamente por este proceso de concorrencia. Se despois de pasar por este procedemento non reciben solicitudes ou se resolven negativamente, pasarán ao estado de dispoñible sen concorrencia.

Banco de Terras

O Banco de Terras é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social. Através del búscase dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

Na actualidade hai 19.000 parcelas incorporadas ao Banco de Terras, que supoñen máis de 7.000 hectáreas ofertadas para que todas aquelas persoas que así o desexen poidan solicitar o seu arrendamento. Dentro delas, 6.856 parcelas están arredadas ou en proceso de arrendamento e máis de 6.000 en estado de dispoñible: arredor de 5.000 dispoñibles sen concorrencia e outras 1.000 con concorrencia.

 

ORDE

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético