18 / Febrero / 2013
Se quere coñecer máis sobre este proxecto pode acudir o día 27 de febreiro á Xornada técnica que organizan AFRIGA e AFRICOR LUGO, na Facultade de Veterinaria de Lugo. A asistencia é libre e gratuita.
O xerente de AGACA, D. Higinio Mougán vai a expoñer como se ten pensado desenvolver este proxecto cooperativo co obxectivo de negociar o prezo do leite do grupo de gandeiros aos que representa.
A maiores, contarase coa presencia de Dona Esperanza Orellana, subdirectora xeral de Produtos Gandeiros do Ministerio de Agricultura, que falará sobre os contratos a asinar entre os gandeiros e a indústria.
Tamén participará D. Hubert Majeslé, xerente da Federación Nacional de Produtores de Leite de Francia, que nos explicará como se organizan os gandeiros franceses para negociar o prezo do leite que producen.