Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos
Novas
Abandono da produción leiteira e adquisición de cota
19 / Diciembre / 2006
Trátase de dúas Ordes pola que se establecen os prazos e condicións para abandonar a produción de leite e para solicitar cota procedente do Banco coordinado de cotas lácteas e da reserva.
Estas Ordes veñen a desenvolver e aplicar na Comunidade Autónoma de Galicia o Real decreto 347/2003 modificado polo Real decreto 1540/2006.
Orde do 18 de decembro de 2006 pola que se establecen as medidas necesarias para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do programa de abandono parcial da produción leiteira para o período 2006/2007.
Mediante esta Orde regulase o abandono dunha parte da cota de produción recibindo unha indemnización de 0,27 euros por quilogramo de cota indemnizable.
Pero a cantidade a abandonar debe ser igual ou superior o 30 por cento da cuota asignada, e nunca poderá quedar cunha cuota asignada inferior a 50.001 quilogramos despois do abandono, ou o 50 por cento se a cota de partida e superior os 100.000 quilogramos.
O prazo para solicitar este abandono parcial remata o 29 de decembro de 2006.
Orde do 18 de decembro de 2006 pola que se establecen para a campaña 2006/2007 os procedementos de xestión de solicitudes de adquisición de cota ao Banco coordinado de cotas lácteas e da asignación da reserva.
Pola presente orde establecese para a campaña 2006/2007 os prodementos de xestión de solicitudes de adquisición de cota ao Banco coordinado de cotas lácteas. Este nutrirase das cotas que foron obxecto de abandono no prazo anterior regulado pola Orde APA/2914/2006 ou no prazo que describimos anteriormente e que comenza agora e outras cantidades que poidan existir no momento de ditarse as resolucións.
O prezo de adquisición das cantidades do banco establécese en 0,27 euros/quilo. O resto das cantidades asignadas faranse de forma gratuíta e terá a consideración de cota da reserva nacional.
O prazo para solicitar cota remata o 17 de xaneiro de 2007