AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS SUCESIÓN EXPLOTACIÓNS

AXUDAS SUCESIÓN EXPLOTACIÓNS

22 / Diciembre / 2025

ORDE do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas da Intervención 7169 Cooperación para a sucesión de explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR617D).

Establece as bases reguladoras para as axudas de Cooperación para a sucesión de explotacións agrarias. Estas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) de España 2023-2027, teñen como obxectivo fomentar a renovación xeracional no sector agrario galego. A orde detalla minuciosamente os requisitos que deben cumprir tanto a persoa que cede a explotación, que debe estar próxima á xubilación, como a persoa cesionaria, que debe ser un novo agricultor ou agricultora, para acceder a unha axuda económica máxima de 30.000 € en cinco anualidades. Ademais, establece o procedemento de concorrencia competitiva, os criterios de selección baseados na explotación e o proxecto de cooperación acordado entre as partes, e as penalizacións por incumprimento da normativa.

 

O prazo de presentación das solicitudes será de 6 meses, e dicir ata o 22 de xuño de 2026.

 

ORDE

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético