AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

AXUDAS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON CALIDADE

29 / Diciembre / 2009

Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2010.

Para efectos desta orde, considerase produtos de calidade diferenciada aqueles que se atopen nalgún dos seguintes casos:
  • Indicacións Xeográficas Protexidas
  • Especialidades tradicionais garantidas
  • Produción agrícola ecolóxica
  • Viños de calidade con denominación xeográfica
  • Bebidas espirituosas con denominación xeográfica
Serán subvencionables as actividades das agrupacións de produtores encamiñadas a incrementar o consumo destes produtos:
  • Promoción
  • Feiras e exposicións
  • Estudos e outras accións de divulgación

 

Enlace TVG

    RECRIA GENÓMICA

    CAMPAÑA SEME

    BOLSA DE RECRÍA

    Identificación bovina


    ACCESOS DE INTERESE

    O tempo · meteogalicia
    TV, novas relacionadas coa produción de leite
    Xunta de Galicia Medio Rural
    Xenética Fontao

    AFRICOR LUGO

    Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
    Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
    Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético