AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS PARA PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

11 / Marzo / 2008

Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, e se convocan para o ano 2008.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, e convocar estas axudas para o ano 2008.
 
Son produtos agroalimetarios de calidade de orixe animal: carne, leite, ovos, mel e caracois de terra destinados ao consumo humano, e obtidos a partir de animais de produción de explotacións que participen en programas de produción de calidade, entendendo como tales aqueles aqueles que cumpran o disposto nesta orde e no RD 1615/2007.
 
As actividades subvencionables son:
  • Asistencia técnica
  • Implantación dos programas de produción de calidade
  • Formación do persoal
  • Certificación dos programasde produción de calidade implantados

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de maio de 2008

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético