AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

AXUDAS PARA PLANS DE MELLORA E INCORPORACIONS

22 / Febrero / 2008

Orde do 15 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios e se convocan para o ano 2008.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2008 as seguintes liñas de axuda:
  • Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
  • Primeira instalación de agricultores mozos e mozas.

 PLANS DE MELLORA

Estas axudas poden ser solicitadas polos titulares de explotacións agrarias entre 18 e 65 anos, que xustifiquen a renda que estan obtendo da explotación agraia e cuias explotacións acaden polo menos unha UTA.
 
Os plans de mellora dunha explotación deben describir a situación da explotación antes da realización do plan e a situación despois do plan de mellora, xustificando así as medidas obxecto desta subvención.
 
O investimento pode chegar ata os 100.000 euros por UTA sen superar os 200.000 euros por explotación cando a titulariadade sexa unha persoa física e pode chegar ata os 800.000 euros en explotacións con titularidade xurídica.
 
A contía máxima da axuda será sempre unha porcentaxe do investimento realizado, variando esta porcentaxe en función dos bens obxecto da axuda e das condicións do solicitante.
 
PRIMEIRA INSTALACIÓN DE AGRICULTORES/AS MOZOS/AS
 
Neste caso a idade do solicitante debe estar entre os 18 e os 40 anos no momento da solicitude da axuda, ademáis debe posuír a capacitación profesional suficiente ou comprometerse a adquirila nun prazo de dous anos.
 
Debe instalarse nunha explotación agraria que requira un traballo de polo menos unha UTA e comprometerse a manter a actividade agraia alomenos cinco anos dende a concesión da axuda.
 
A prima máxima por explotación fixase en 20.000 euros, aínda que pode ser un 10 % superior dependendo da situación e características da explotación.
 
PRAZO
 
Establécense dous prazos, un primeiro ata o 22 de  marzo e outro dende o 24 de marzo ata o 31 de maio, existindo un número máximo de solitudes por prazo.
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético