Orde do 1 de agosto de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabarín, e se convocan para o ano 2006.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas de carácter compensatorio a favor dos afectados polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabarín
Poderanse acoller a estas axudas os agricultores profesionais que sufrisen danos nos seus cultivos a causa do xabarín, presentando un único expediente por beneficiario.
Para poder aceder a estas axudas o afectados deberán comunicar a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estos danos nun prazo máximo de sete días, dende a producción do dano, mediante unha chamada o teléfon 900 18 61 86
Os agricultores que formulasen durante a campaña algunha denuncia da forma indicada no parágrafo anterior, deberán comunicar a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cunha antelación mínima de 15 días, o seu propósito de realizar a colleita, para que peroal da consellería proceda a valoración dos danos.
Estas axudas estarán entre 120 e 1.200 € por beneficiario