AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS

27 / Junio / 2008

Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica poar entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e se convocan para 2008.

Poden ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores ubicadas en Galicia.
 
Os cursos terán unha duración mínima de 20 horas lectivas e entre 15 e 30 asistentes.
 
 
As temáticas serán:
 

    a) Xestión empresarial e comercial.

    b) Uso das tecnoloxías de información e comunicación.

    c) Novas alternativas produtivas e certificacións de calidade no marco das producións de calidade diferenciada.

    d) Produción agraria sustentable, agricultura ecolóxica  e produción integrada.

    e) Conservación de recursos fitoxenéticos autóctonos.

    f) Incorporación de tecnoloxías innovadoras aos procesos de produción e transformación.

    g) Fontes renovables de enerxía de uso agrario e biocarburantes.

    h) Ordenación do espazo agroforestal e mobilización de terras agrarias.

 
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación da orde.
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético