AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS PARA A XESTIÓN DE SUBPRODUTOS

12 / Septiembre / 2008

Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2008.

Esta orde ten por obxecto establecer a bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2008 das axudas establecidas por RD 1178/2008, onde se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano.
 
Esta orde ten catro liñas de axuda:
  1. Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias
  2. Axudas a industrias agroalimentarias
  3. Axudas ao almacenamento e procesado intermedio de subprodutos
  4. Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos
Dentro da primeira liña de axuda establécese como actividade subvencionable a adquisición de contenedores ou dispositivos equivalentes para o almacenamento previo á retirada de cadáveres de animais mortos na explotación.
 
 
O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2008
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético