AXUDAS PAGO UNICO E EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE
30 / Enero / 2009
Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.
Esta orde establece o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión aos titulares de explotacións agrarias das seguintes axudas:
-
Pago único desligado da produción
-
Pagamentos ligados a cultivos herbáceos
-
Pagamentos aos produtores de proteaxinosas e cultivos enerxéticos
-
Pagamentos adicionais
Así mesmo esta orde tamén regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, da indemnización compensatoria de zonas de montaña ou desfavorecida.
Tamén establece as bases reguladoras das axudas por implantación do Contrato de Explotación Sustentable.
O prazo de presentación de socitudes vai dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2009, excepto para as primas ao sacrificio, onde ademáis do prazo citado se añaden os tres seguintes:
Do 1 ao 30 de xuño de 2009
Do 1 ao 30 de setembro de 2009
Do 1 de decembro do ano 2009 ao 15 de xaneiro de 2010