AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS OS PRODUTOS DE CALIDADE

24 / Julio / 2008

Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Program de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan estas axudas para o ano 2008.

    Son programas de calidade diferenciada dos alimentosos seguintes:
  1. Produción ecolóxica
  2. Indicacións xeográficas protexidas
  3. Viños de calidade producidos en rexións determinadas e viños da terra
  4. Bebidas espirituosas con denominación xeográfica
  5. Especialidades tradicionais garantidas
    Poderán beneficiarse destas axudas os produtores que participen nalgún dos programas anteriores.
 
    Estas axudas van destinadas a subvencionar os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos, podendo chegar ata o 100% dos custe, cun máximo de 3.000 euros anuais por explotación e durante un período máximo de 5 anos.
 
    Estas solicitudes serán presentadas polos consellos reguladores cando estes teñan asinado un convenio coa Consellería do Medio Rural, ou de forma individual polo produtor no resto dos casos.
 
    O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2008 remata o día 8 de setembro de 2008.
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético