AXUDAS NOS CASOS DE SACRIFICIO OBRIGATORIO
15 / Diciembre / 2008
Axudas destinadas aquelas explotacións que sufriron baixas de animais por mor dunha enfermidade sometida a programas oficiais de control ou erradicación, xa fosen as baixas por morte ou sacrificio obrigatorio tralo diagnóstico da enfermidade:
Orde do 27 de novembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de control e erradicación de enfermidades animais para o ano 2009.
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión das indemnizacións a que teñen dereito os titulares de animais sacrificados ou produtos destruídos por motivo da erradicación de enfermidades.
Poderán ser beneficiarios os titulares de animais ou produtos sacrificados ou destruidos por algunha das seguintes causas:
-
Tuberculose, brucelose ou lingua azul en vacún, ovino e cabrún
-
Encefalopatías esponxiformes transmisibles
-
Salmonela en animais ou produtos da especie Gallus gallus
-
Aves sacrificadas pola aparición dun foco de influencia aviaria
A tramitación destas axudas realizarase nas delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural unha vez recibidos os xustificantes de sacrificio das reses ou destrución de produtos.
Orde do 9 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensacións complementarias pola aplicación de programas de erradicación de enfermidades dos animais e se convocan para o ano 2009
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas de compensación pola perda de beneficio nunha explotación gandeira debida a inactividade causada por motivo dunha enfermidade sometida a un programa de erradicación.
O prazo de presentación de solicitudes para o ano 2009 vai dende o 16 de decembro de 2008 ata o 21 de novembro de 2009.
Orde do 9 de decembro de 2008 pola que se regulan e se convocan para o ano 2009 as axudas para a compra de gando bovino e ovino-cabrún, que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais.
Esta axudas van dirixidas aquelas explotacións nas que se ordenou o sacrificio dos animais tras a realización do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación. Tamén se incluirán os casos de morte dos animais por mor dunha destas enfermidades.
O importe destas axudas vai depender das condicións dos animais sacrificados, se os animais sacrificados pertencen a unha explotación en Control Leiteiro o importe vai ser incrementado en función da súa media de produción.
O prazo de presentación de solicitudes para o ano 2009 vai dende o 16 de decembro de 2008 ata o 21 de novembro de 2009.