AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS INCORPORACIÓN E PLANS DE MELLORA

AXUDAS INCORPORACIÓN E PLANS DE MELLORA

25 / Junio / 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as ordes da Consellería do Medio Rural polas que se convocan novas axudas dirixidas aos plans de mellora en explotacións agrarias e á incorporación de mozos. Estas achegas contan cun orzamento total de 36 millóns de euros e teñen como finalidade seguir avanzando na remuda xeracional no agro galego. Neste sentido, a mocidade pode solicitar axudas dun máximo de 320.000 euros para incorporarse ao agro e mellorar a súa explotación a partir deste xoves, cun prazo límite dun mes.

A primeira liña de axudas está destinada a financiar os plans de mellora dos mozos beneficiarios da convocatoria de incorporación do ano 2024. Cunha dotación de 5,5 millóns de euros, estas achegas permitirán acometer investimentos para a modernización ou mellora das explotacións agrarias por parte das persoas mozas que recibiron xa a axuda de incorporación, pero que aínda non tiñan o plan de mellora aprobado. O obxectivo é facilitar o inicio da súa actividade produtiva.

A segunda orde de achegas, cun orzamento de algo máis de 30,5 millóns de euros, diríxese ao establecemento de agricultores mozos e ao financiamento de investimentos destinados á modernización e/ou mellora das explotacións agrarias. Con isto preténdese seguir fomentando a incorporación da mocidade ao medio rural galego.

Estas achegas están cofinanciadas nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (Feader), nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Continúan así as liñas de apoio ás explotacións agrarias iniciadas no Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

 

Incorporación de persoas mozas

 

Plans de mellora

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético