AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA O ACCESO DAS MULLERES Á COTITULARIDADE DAS EXPLOTACIÓNS
18 / Agosto / 2006
A resolución do 8 de agosto de 2006 establece as bases reguladoras que rexerán estas axudas.
Trátase de por en valor o recoñecemento social e legal e a garantía de dereitos do traballo das mulleres nas explotacións agrarias.
Poderán ser beneficiarias destas axudas (2.000€ por explotación e beneficiaria):
- As mulleres desempregadas que accedan á cotitularidade dunha explotación agraria a través da alta no rexistro de explotacións agrarias prioritarias da Consellería do Medio Rural e da correspondente alta na Seguridade Social
- As mulleres que, en situación de alta na Seguridade Social, no réxime especial agrario por conta propia ou no de autónomas, accedan por primeira vez á cotitularidade dunha explotación agraria na que traballan, causando alta no rexistro de explotacións agrarias priorotarias da Consellería do Medio Rural
A inscripción deberase ter efectuado entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2006.
En AFRICOR-LUGO, o 84,5% das explotacións teñen como titular a unha persoa física, das que tan so o 34,1% figura como titular unha muller. No ano 2003 a porcentaxe de mulleres titulares de explotación era do 32,2%, un 2% menos que na actualidade.
A forma xurídica de maior incremento nos últimos tres anos é a S.C. (Sociedade Civil), pasando dun 10,2% no ano 2003 a un 36,4% en 2006.