AXUDAS AS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS
29 / Septiembre / 2009
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, e se convocan para o ano 2009.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da redución de custos.
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións leiteiras que cumpran o seguinte:
- Ser titular dunha explotación agraria que teña cuota asignada a 1 de abril de 2009
- Presentar un plan de mellora da competitividade
- Compromiso de exercer a actividade agraria na produción de leite 5 anos
- Acreditar a súa viabilidade económica na produción de leite
- Xustificar estar ao día nas súas obrigas fiscais
- Cumprir as nomas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais
- Non ter sido sancionado polo incumprimento dalgunha normativa de relativa ao saneamento gandeiro ou calidade do leite, nin estar excluido das axudas do pagamento adicional lácteo 2008
- Acreditar un volume de emprego de alomenos unha UTA
- Pusuír a capacidade profesional suficiente
- As persoas físicas deberán ter entre 18 e 65 anos de idade
- As persoas xurídicas:
Ter como actividade principal a agraria
Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens ademáis deberan presentar os estatutos da comunidade e a súa acta de constitución e acreditar que polo menos o 50% dos comuneiros reúnen os requisitos establecidos para as persoas físicas.
Cumprimentar o anexo II desta orde onde cada membro se considera beneficiario e todos deben cumprir o establecido na orde, ademáis non poderá disolverse a agrupación no prazo de 4 anos
O plan de mellora da competitividade ten que orientar os investimentos nas seguintes liñas de actuación:
- A redución dos custos na produción leiteira
- A maximización do uso de recursos propios da explotación
- A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética
- A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables
Este plan de mellora deberá demostrar que os investimentos realizados van supoñer unha mellora da eficiencia da explotación, describindo a situación anterior e posterior da explotación.
As axudas poden chegar ata o 65 % do investimento no caso dun agricultos mozo en zona desfavorecida, e o investimento elixible debe ser superior a 2.000€ por explotación e inferior a 100.000 € por UTA, sen superar os 200.000 por explotación.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 30 outubro.