AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS AO ASOCIACIONISMO AGRARIO

24 / Agosto / 2007

Orde do 17 de agosto de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a promoción, modernización e dimensionamento do asociacionismo agrario en Galicia e se convocan axudas para o ano 2007.

Esta orde establece as seguintes liñas de axudas:
  • Axudas para o fomento do asociacionismo, da modernización e do dimensionado das entidades asociativas agrarias con actividade prioritaria de produción.
Destinadas as cooperativas agrarias, cooperativas de explotación comunitaria da terra e SAT que acrediten ser titulares de explotacions agrarias.
  • Axudas para o fomento do asociacionismo, da modernización e do dimensionado das entidades asociativas agrarias con finalidade prioritaria de  transformación e/ou comercialización.

Destinadas a cooperativas e SAT que leven a cabo actividades de transformación e/ou comercialización nunhas determinadas condicións.

  • Axudas de apoio á modernización da xestión empresarial das entidades asociativas agrarias.

Poderán acceder a esta axuda as cooperativas agrarias e as SAT que teñan como finalidade prioritaria a produción, transformación e/ou comercialización e con domicilio social en Galicia.

  • Axudas ás organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas.
Poderanse beneificiar das axudas establecidas nesta sección as organizacións representativas das cooperativas agrarias galegasque estean legalmente constituídas e o seu obxecto social recolla a representación profesional dos seus asociados.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de setembro deste ano para a convocatoria de 2007.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético