AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS AO ASESORAMENTO EN CALIDADE DO LEITE

29 / Julio / 2008

Orde do 22 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2008 axudas ao finanzamento de accións de asesoramento para a mellora e o afianzamento da calidade do leite producido e recollido nas explotacións.

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras ás axudas ao financiamento de accións de asesoramento para a mellora e o afianzamento da calidade do leite producido e recollido nas explotacións e convocalas para o ano 2008.
 
    Poden beneficiarse desta axuda os produtores de leite que participen en programas de mellora e afianzamento das condicións hixiénico-sanitarias da súa explotación, e formen parte dalgunha agrupación (poden ser os compradores) que leven acabo estos programas na totalidade dos gandeiros asociados ou os que lles recollen o leite.
 
    As axudas serán presentadas por estas agrupacións de produtores ou primeiros compradores, sendo sempre preciso que os programas de mellora e afianzamento afecten a todos os seus integrantes (ou subministradores no caso dos compradores) sempre e cando non esten incluídos noutro programa de mellora e afianzamento.
 
    Nesta orde establécense 3 tipos de programas:
  • NIVEL BÁSICO
  • NIVEL INTENSIVO
  • NIVEL DE CERTIFICACIÓN

    Esta clasificación vai en función da intensidade do programa e os obxectivos do mesmo, así no nivel básico as actuacións a levar a cabo son a revisión das instalacións de muxidura, divulgación do código de boas prácticas e elaboración de informes, e no nivel de certificación e precisa a certificación por parte dunha entidade de certificación externa e acreditada que certifica o cumprimento do anexo VII desta orde. O nivel intensivo enténdese como un paso intermedio hacia o nivel de certificación, non podendo permanecer nel unha explotación máis de 2 anos.

 
    O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de agosto.
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético