AXUDAS AFILIACION A SEGURIDADE SOCIAL
14 / Enero / 2009
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, e a súa convocatoria para o ano 2009, do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social.
Poderán acollerse a este programa:
a) Persoas cotitulares de explotaciónas agrarias que reúnan os seguintes requisitos:
- Que a súa incorporación tivera lugar despois do 1 de xaneiro de 2006
- Ter 40 ou menos anos no momento da incorporación
- Que o su cónxuxe, cotitular da mesma explotación, estea de alta no mesmo réxime especial
- Que sexan beneficiarias da reducción do 30 % das cotas establecida na Lei 18/2007
b) Persoas incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade Social, como traballadores por conta propia, se reúnen os seguintes requisitos:
- Que a incorporación se producise despois do 1 de agosto de 2007
- Que teñan 40 ou menos anos no momento da incorporación
- Ser cónxuxes ou descendentes do titular da explotación
- Que sexan beneficiarias da reducción do 30 % das cotas establecida na Lei 18/2007
c) Mulleres incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade Social despois do 1 de xaneiros de 2006 sempre que:
- Teñan entre 41 e 45 anos no momento da incorporación
- Ser cónxuxes ou descendentes do titular da explotación
d) Mulleres de ata 45 anos de idade no momento da alta na Seguridade Social que:
- Que accedan a titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio
- Que accedan a titularidade dunha explotación trala baixa do cónxuxe ou familiar ata segundo grao
- Mulleres que se incorporen a unha explotación en funcionamento cando o seu cónxuxe cause baixa para adicarse a outra actividade
As axudas serán do 20 ou 50 por 100 en función da situación do solicitante.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2009