AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS ADSG

AXUDAS ADSG

30 / Diciembre / 2025

Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2026-2027 (código de procedemento MR237B).

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde da convocatoria das axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG), coas que se apoia o traballo que realizan estas entidades para desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, En total, esta liña de achegas conta cun orzamento de 2,38 millóns de euros, unha cantidade lixeiramente superior á de 2025.

Os programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán serán aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2026 e o 28 de febreiro de 2027. Estes programas reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega.

Estas axudas servirán para sufragar os gastos derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios. Tamén se financiarán os gastos derivados da compra de material funxible como luvas e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas.

Poderán optar a estas subvencións as entidades asociativas agrarias que estean inscritas no rexistro oficial de ADSG, quedando excluídas as formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún. Así mesmo, deberán estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en activo que teñan a condición de pequenas ou medianas empresas, ademais de estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

 

Prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de xaneiro de 2026.

 

ORDE

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético