AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS A UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA EN COMÚN

08 / Enero / 2009

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2009.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e convocalas para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva.

Porderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
  • CUMAS e SAT cuio obxecto sexa a utilización de maquinaria en común
  • Cooperativas agrarias que adquiran a maquinaria para prestar servizo aos socios
  • SAT procedentes da fusión de 2 ou máis explotacións nos 5 anos posteriores a súa constitución.
  • Asociacións de viticultores no caso de realizar investimentos en sistemas mecánicos para o transporte na fase de produción.
En función do tipo de entidade solicitante esta deberá dispoñer dun número mínimo de socios, así as CUMAS e SAT que teñan por obxecto a utilización de maquinaria en común deberán estar formadas por alomenos 6 socios. As cooperativas de explotación comunitaria da terra 4 socios e as SAT un mínimo de 3 socios. No caso das asociacións de viticultores o mínimo son 10 socios.
 
Ao abeiro desta orde pode solicitarse axuda non so para a compra de maquinaria e instalacións de aloxamento, senón que as CUMAS ou SAT para a utilización de maquinaria tamén poden solicitar axudas para a construcción de basas de xurro de caracter comunitario, instalacións para almacenaxe de fertilizantes e instalacións para o almacenamento de forraxes ensiladas para grupos de explotacións próximas.
 
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 9 de marzo de 2009.
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético