AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS A UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS EN COMÚN

14 / Septiembre / 2007

Orde do 7 de setembro de 2007 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación, e se convocan para o ano 2007.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas de apoio á produción para instalacións e equipamentos en común.

Poderán acollerse a esta orde as cooperativas agrarias e SAT cuios proxectos se adapten algunha das seguintes liñas:
  • Investimentos en edificacións destinadas a recría de xovencas das razas bovinas frisona ou razas bovinas autóctonas de Galicia.
  • Investimentos en instalacións para cría e ceba de xatos de raza bovina frisona nados en Galicia.
  • Proxectos de apoio no ámbito da produción das explotacións agrarias, encamiñados a mellora dos procesos productivos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2007.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético