AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS A REPOSICIÓN POR SACRIFICIO OBRIGATORIO

09 / Marzo / 2007

Orde do 19 de febreiro de 2007 pola que se regulan e convocan axudas para a compra de gando bovino que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais.
Esta axuda vai dirixida os titulares de explotacións de gando bovino para a compra de animais da citada especie, cando esta teña por obxecto a reposición dos  animais consecuencia dun sacrificio obrigatorio en execución dun programa oficial erradicación de brucelose ou tuberculose.
 
Os animais adquiridos deben ter unha idade entre 20 meses e 4 anos para gando de aptitude láctea e entre 20 meses e 6 anos para o de aptitude cárnica, aínda que no caso da substitución dun rabaño completo  o 30% dos animais poden ter idades entre 8 meses e 6 anos para gando de aptitude láctea e entre 8 meses e 9 anos para o de aptitude cárnica.
 
A contía das axudas será maior se a explotación pertence a unha ADS, e tamén se está incluida en CONTROL LEITEIRO.
Se os animais sacrificados están inscritos en Control Leiteiro, concédeselles unha contía adicional de 0,15€ por cada quilo de leite que resulte de restar o rendemento leiteiro medio de, polo menos, o 60% das femias da explotación con maior rendemento da cantidade de 6.700 quilos.
Esto supón uns 150€ por animal a maiores por cada 1.000 quilos a maiores dos 6.700. 
 
O prazo de solicitude remata o 21 de novembro do ano 2007
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético