AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS AS EXPLOTACIÓNS

05 / Enero / 2009

Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento, e se convocan para o ano 2009.

Esta orde establece algunhas modificacións sobre a orde do ano pasado, diferenciando entre pequena ou mediana empresa (Peme) e as que non o son, no referente as modalidades de contrato dos traballadores, na documentación a presentar ect.

Ademáis establece o prazo de presentación de solicitudes para o ano 2009 será ata o 6 de febreiro de 2009

 
 
Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento e se convocan para o ano 2008.
 
Esta orde ten 2 liñas diferenciadas:
  • AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SEVIZOS DE ACONSELLAMENTO E/OU XESTIÓN
    No caso das axudas por implantación dun servizo de aconsellamento os beneficiarios serán entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas, agás ADSG ou Atrias.
 
    No caso da implantación dun sevizo de xestión, poderán ser beneficiarias as empresas, cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario.
 
    Estas axudas teñen unha duración de 5 anos cunha intensidade de axuda decrecente dende o 50% do primeiro ano ata o 10% no quinto ano, no caso de pequenas empresas, así o solicitante tamén se compromete a manter o servizo al menos durante estes 5 anos.
 
    Son conceptos subvencionables os bens inventariables, excepto inmobles, e os gastos salariais derivados da contratación do persoal que leve a cabo o servizo.
 
 
  • AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE SUBSTITUCIÓN
    Poderán ser beneficiarias as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados.
 
    O persoal contratado deberá dispoñer da titulación de formación profesional de grao superior ou medio, ou da formación especifica determinada pola Consellería do Medio Rural, pero en todo caso o traballador deberá completar a súa formación no prazo dun ano dende a súa contratación segundo o indicado pola Consellería do Medio Rural.
 
    Establécense uns periodos máximos de traballo continuado en cada unha das explotacións, que de forma xeral será dun mes. Tamén un mínimo de 6 explotacións por cada traballador de substitución.
 
    As axudas teñen unha duración de 5 anos, igual que o compromiso da entidade beneficiaria e o importe destas axudas vai decrecendo dende o 80 % do primeiro ano ata o 16 % no quinto ano.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético