Establécense dúas Ordes de axuda destinadas os gandeiros que tiveron que sacrificar animais como consecuencia da execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais.
Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se regulan e se convocan axudas para a compra de gando bovino e ovino-cabrún que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais.
Esta orde ten por obxecto axudar a compra de animais nas explotacións nas que se ordenara o sacrificio obrigatorio de bovinos, ovinos ou cabrúns existentes na explotación como consecuencia do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de erradicación.
A conntía das axudas varia segundo as circunstancias do solicitante incrementandose no caso de explotacións en control leiteiro en función das medias de produción da explotación.
Orde do 4 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensacións complementarias pola aplicación de programas de erradicación de enfermidades dos animais e se convocan para o ano 2008.
Esta orde ten por obxecto a compensación do beneficio que deixa de recibir esa explotación como consecuencia do tempo de inactividade que transcorre por motivo da aplicación do programa de erradicación.
Esta compesación sera establecida en función dunhas marxes brutas (anexo II) e o periodo de inactividade da explotación.