04 / Abril / 2006
Cóntase coa participación de 29 ganderías, tendo inscritos a data de hoxe uns 100 animais, cun gran número de vacas, un 60% dos animais inscritos.
![]() Bos Nodi Merchant Dana ET |
![]() Seixo Wade Rita |
Xovenca campiona e vaca campiona de MOEXMU 2005
SECCIÓNS do XX CONCURSO MOEXMU 2006
NOTA: Tomarase como referencia a data do 31de marzo de 2006 para encadrar os animais nas seccións.
SECCION 1 Xatas ata 8 meses. Nadas despois do 31 de xullo de 2005
SECCION 2 Xatas de 8 a 10 meses. Nadas entre o 1 de maio e o 31de xullo de 2005.
SECCION 3 Xatas de 11 a 13 meses. Nadas entre o 1 de febreiro e o 30 de abril de 2005.
SECCION 4 Xatas de 14 a 16 meses. Nadas entre o 1 de novembro de 2004 e o 31 de xaneiro de 2005.
SECCION 5 Xovencas de 17 a 19 meses. Nadas entre o 1 de agosto e o 31 de outubro de 2004.
SECCION 6 Xovencas de 20 a 22 meses. Nadas entre o 1 de maio e o 31de xullo de 2004.
SECCION 7 Xovencas de máis de 23 meses. Nadas antes do 1 de maio de 2004
SECCION 8 Xata Campiona
Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 1, 2, 3 e 4 acadando o título de Xata Campiona e Xata Subcampiona.
SECCION 9 Xovenca Campiona
Compiten 1ª e 2ª clasificada das seccións 5, 6 e 7, acadando o título de Xovenca Campiona e Xovenca Subcampiona.
SECCION 10 Gran Campiona de Xovencas
Compiten a Xata e a Xovenca campionas.
SECCION 11 Vaca nova en lactación ata 30 meses. Nadas despois do 31 de agosto de 2003.
SECCION 12 Vaca nova en lactación de 31 a 35 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2003.
SECCION 13 Vacas en lactación de 3 a 4 anos. Nadas entre o 1 de abril de 2002 e o 31 de marzo de 2003.
SECCION 14 Vacas en lactación de 4 a 5 anos. Nadas entre o 1 de abril de 2001 e o 31 de marzo de 2002.
SECCION 15 Vacas en lactación de 5 a 6 anos. Nadas entre o 1 de abril de 2000 e o 31 de marzo de 2001.
SECCION 16 Vacas en lactación de máis de 6 anos. Nadas antes do 1 de abril de 2000.
SECCION 17 Mellor Criador
Compiten grupos de tres femias, nadas nunha mesma explotación, ainda que na actualidade pertenzan a distintos propietarios, acadando o título de Mellor Criador e 2º Mellor Criador.
SECCION 18 Vaca Nova Campiona
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11 e 12. Acadando o título de Vaca Nova Campiona e Vaca Nova Subcampiona.
SECCION 19 Vaca Intermedia Campiona
Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 13 e 14. Acadando o título de Vaca Intermedia Campiona e Vaca Intermedia Subcampiona.
SECCION 20 Vaca Adulta Campiona
Compiten 1ª e 2ª clasificadas das seccións 15 e 16. Acadando o título de Vaca Adulta Campiona e Vaca Adulta Subcampiona.
SECCION 21 Gran Campionato de Vacas
Compiten a Vaca Nova Campiona, a Vaca Intermedia Campiona e a Vaca Adulta Campiona. Acadará o título de Vaca Gran Campiona - Mellor Vaca do Concurso.
O xulgamento das seccións 8, 9 e 10 así como os da 18,19, 20 e 21 farase simultaneamente en pista
Premios especiais de XENETICA FONTAO S.A. para fillas de touros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.
Xatas ata 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 1, 2, 3 e 4
Xovencas de máis de 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 5, 6 e 7
Vacas en lactación. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 11, 12, 13, 14, 15 e 16.